העברה הסכם | |
---|---|
Creación | 25 de agosto de 1933 |
Signatarios | Zionistische Vereinigung für Deutschland, Anglo Palestine Bank, autoridades económicas da Alemaña nazi. |
Función | Pretendía facilitar a emigración dos xudeus alemáns a Palestina. |
O Acordo Haavara (en hebreo, העברה הסכם, transliterado como «heskem haavara» e traducíbel literalmente como «acordo de traslado») foi asinado o 25 de agosto de 1933, tras tres meses de conversacións, pola Federación Sionista de Alemaña (Zionistische Vereinigung für Deutschland), o Banco Anglo-Palestino (baixo as ordes da Axencia Xudía para Israel, unha axencia executiva oficial na entón Palestina) e as autoridades económicas da Alemaña nazi. O acordo pretendía axudar a facilitar a emigración dos xudeus alemáns a Palestina.